PRESENTACIÓN DO LIBRO «FARIÑAS E MUÍÑOS DE FERROLTERRA DURANTE A ILUSTRACIÓN»
PRESENTACIÓN DO LIBRO «FARIÑAS E MUÍÑOS DE FERROLTERRA DURANTE A ILUSTRACIÓN»
O xoves 18 de febreiro ás 20.00 h, tivo lugar no Centro Cívico a presentación do libro “Fariñas e Muíños de Ferrolterra durante a Ilustración” da historiadora Manuela Santalla. Nun acto organizado por FerrolTerra Antiga, ASC Muíño do Vento, a Asocación Veciñal e a SRD Canido, a autora neste libro aborda a o estudo dos Muíños de Ferrolterra durante a Ilustración, ese período tan rico na nosa cidade.
Manuela Santalla, nada en Ferrol, é historiadora galega, licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Bibliotecaria e arquiveira, actualmente xubilada, exerceu de profesora no ensino secundario de Galicia. Ten unha numerosa bibliografía, e moita dela centrada en Ferrol, como é o caso de Las Reales Fábricas de Ferrol. Gremios y barcos en el siglo XVIII (2003), Ferrol: los sucesos de marzo de 1972 (1996), ou Vida cotidiana y trabajo en el Ferrol de la Ilustración (2017), entre outras.
En Fariñas e Muíños de Ferrolterra durante a Ilustración, a autora fai un percorrido que vai máis aló do puramente patrimonial e etnolóxico senón que tamén fai un estudo da sociedade dese tempo e dos patróns alimenticios establecidos arredor da actividade dos Muiños.