PRESENTACIÓN DO LIBRO CONTOS NO MUÍÑO DO VENTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO CONTOS NO MUÍÑO DO VENTO
Onte, 21 de decembro de 2023 ás 20.00 horas do serán, tivo lugar no Centro Cívico de Canido a presentación do libro «Contos no Muíño do Vento», editado pola nosa entidade.
Desde a mesa, presentaron a acto Rafa Aguirrebengoa presidente de Muíño, César Pita, conductor do programa Unha tarde no Muíño, e a muiñeira Camen Cuesta. Todo eles puxeron en valor a cultura popular, e a importancia de que sexa un libro elaborado pola veciñanza. Tamén a relevancia dunha Radio libre e comunitaria, como é caso de Radio Filispim, que sirve como voceiro da cultura desenvolta no corazón dos barrios, que recolle as demandas sociais e do activismo na cidade, que nos fala do estado da educación, e que da voz aos que non teñen acceso aos altofalantes masivos.
O libro é unha escolma de relatos que foron presentados no programa de Radio Filispím, «Unha Tarde no Muiño» que se emite cada luns con periodicidade quincenal, sendo unha das actividades que desenvolve esta entidade e que leva en emisión dende o ano 2017. O libro conta coas ilustracións de Paula Iglesias, que acompañan a cada un dos relatos.
A acollida por parte do público foi sobresínte.
Parabéns a todas e todos, público e autores.