PRESENTACIÓN DO LIBRO «BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO» DE XOSÉ M. FELPETO CARBALLEIRA

PRESENTACIÓN DO LIBRO «BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO» DE XOSÉ M. FELPETO CARBALLEIRA

O xoves, 2 de maio, ás 20 h, no Centro Cívico de Canido,e  dentro do programa de actividades da Festa dos maios, tivo lugar a presentación do libro Branco Xiz tirando a negro, do escritor de Cabreiros, Xermade, Xosé M. Felpeto Carballeira.

Felpeto, como por todos é coñecido, é un home polifacético, a eléctrónica, as telecomunicacións, a cultura como coñecedor do noso pais, como actor, cantante, escritor e dinamizador cultural, descubrinos o seu segundo libro na compaña de dúas amizades, compañeiros de andaina no teatro e nos cantares, ademais de veciños do barrio, Juanín Ares e María Solloso.,

A actividade, organizada pola Asociación Sociocultural Muíño do Vento, Asociación Veciñal de Canido e Sociedade Recreativa e Deportiva Canido, demostra, unha vez máis, que a cultura a pe de rúa é atractiva tamén como actividade de lecer. María e Juanín, coa complicidade de Felpeto e do público, dialogaron sobre os sentimentos que produce o libro, sobre a técnica da escrita do autor, sobre como xorden os temas ou da riqueza de vocabulario e a expresividade da Lingua Galega.  A mala sorte case conxénita, a dureza da vida, os lamentos calmos de Branco xiz…deron paso a máis dun sorriso e máis dun brinde cuns petiscos, como rematamos en Galicia calquera evento.

Grazas, Xosé Manuel, grazas Felpeto, esperámoste en Canido para presentar o teu terceiro libro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *