PRESENTACIÓN DO LIBRO “ANTÓN DE GARAY: PIRATA OU VITIMA XUDICIAL» DE RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ANTÓN DE GARAY: PIRATA OU VITIMA XUDICIAL» de Rafael López Loureiro

O 30 de novembro, ás 19.30 h da tarde no Centro Cívico de Canido, tivo lugar a presentación do libro “Antón de Garay: pirata temerario ou vítima xudicial?”. O acto foi  organizado pola Asociación Sociocultural Muíño do Vento, a AVV de Canido, así como a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, e a SDeR de Canido, e contou coa presenza de Antonio Casal, historiador e membro de Ferrolterra Antiga, ademáis de  co autor do libro Rafael López Loureiro. 

Rafael López Loureiro nado en Cedeira, é investigador e mestre de escola xubilado e ademais é creador do blog “costaartabra.blogspot.com”, onde recopila o seu traballo como naturalista. É o responsable da recuperación nos anos 90  na súa localidade natal,  da tradición dos calacús, da que da conta  no  seu libro  “Samaín: as festas das caliveras”, publicado no 2003.

«Antón de Garay: pirata temerario ou vítima xudicial?” trátasde dunha obra autoeditada (Gráficas Lar, Viveiro)  e versa sobre a vida desta personaxe histórica, que foi aforcado na Coruña  o 31 de outubro de 1509, tras ser condeado por actos de piratería. Tal e como indica o propio título, o autor fai unha revisión crítica e abre o debate sobre a súa acusación.   Antón de Garay, de orixe vasco, mercader e mestre mercante, capitán do navío “La Trinidad” participou no comercio marítimo con Galicia. A súa traxectoría como pirata comeza en Muxía, onde contan que asaltou un navío de orixe bretón, e posteriormente desenvolve a súa actividade entre Fisterra e Prior.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *