PRESENTACIÓN DO LIBRO “ANATOMÍA DA LINGUA” de Antón Cortizas con ilustracións de Leandro Lamas

O venres, 17 de novembro presentouse o poemario “Anatomia da lingua” no Centro Cívico de Canido.

Nun salón de actos repleto de público, asistimos a un acto no que Antón Cortizas explicóunos o porque deste libro que leva como subtítulo “Lingua de amar, lingua de amor”. O pequeno poema que abre a obra é o mellor resumo das súas intencións:

                               A ti, lingua miña,

                               Idioma do meu cerne,

                               Silabario do meu mundo inacabado,

                               ausente de tantas bocas,

                               presente en cada alento

                               dos ecos navegantes do meu nome.

Mentres o autor recitaba dous poemas “Oficios de lingua” e “Se non tivese voz”, Leandro Lamas, autor dunhas deliciosas ilustracíons, pintou en directo para disfrute de todas e todos nós.

No acto participou tamén Xoán Costa, presidente da AS-PG, editora do libro. É salientable o feito de que este é o primeiro libro de poesía coa lingua como suxeito publicado por eles.

Dende Muíño celebramos que a presentación dun libro de poemas adicados a nosa lingua tivera unha resposta tan pouco habitual neste días.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *