Presentación do libro «A Ribeira das nosas vidas» de César Pita Carretero

O venres 23 de xullo presentouse no Centro Instructivo Recreativo e Social de Cervás o libro “Na Ribeira das nosas vidas” de César Pita Carretero, muíñeiro de pro.

Se como di a escritora galaico- brasileira   Nélida Piñón “ o universal é o local sen paredes” , o relato que César Pita realiza das súas experiencias compartidas na ribeira de Cervás, sobre a ría de Ares, é unha lección de universalidade.

Nace o libro dunha dobre vontade: por unha banda, explicar  biografía do autor á que pon orde  cronolóxico e  causal;  por outro, e creo que máis decisiva, a  vontade de  memorializar un mundo de experiencias e relacións que, en moito menos tempo que a vida dun home, desaparece laminado coma se non existise,  baixo o ruído e a furia dun presente banal e nervioso que produce o novo sen mellorar o anterior.

Sen aferrarse á nostalxia dun tempo irremediablemente ido, o libro está percorrido pola cuestión de se non podía progresarse doutra maneira. A resposta de César é que si, e que  ademas debe ser que si mentres podamos construír o futuro sobre as pegadas de quen nos precedeu. 

Festivamente César anímanos a iso e  nosostros agradecémosllo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *