Presentación do libro A terra infinita de Manuel Cendán
O centro cívico de Canido acolleu na tarde do martes 8 de maio a presentación do poemario A Terra Infinita, de Manuel Cendán. O acto, organizado conxuntamente pola Asociación Cultural Muíño do Vento, a Asoc. Veciñal de Canido e a Asociación de Acordeóns, contou coa participación do propio autor, Manuel Cendan, de Joaquín Enríquez, en representación das entidades organizadoras, así como de Lucía Barros amiga do autor quen introduciu o poemario e leu algúns versos do libro de Cendán. A pincelada musical musical a puxo a acordeonista cedeiresa Bea Leonardo, que interpretou varias pasaxes musicais. Bea Leonardo é unha xoven acordeonista multipremiada en numerosos concursos internacionais coma o Certame de Mondragón ou o Certame Internacional de Acordeón se Castelfidardo. Ademáis foi elexida coma unha das participantes na Mostra Musical do Eixo Atlántico.