Parladoiro ao serán con Fernando Prego Parga
O día 29 de novembro de 2013, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, tivo lugar un máis dos nosos Parladoiros, esta vez co veciño de Canido Fernando Prego Parga. Nacido en La Habana en 1928, vive no barrio desde que tiña 3 anos de idade, e grazas á súa memoria prodixiosa fixo un percorrido desde o Canido da súa nenez, con pinceladas curiosas dos xogos, traballos ou amizades, lembranzas que entusiasmaron aos numerosos asistentes.