PALESTRA: O BARRIO É NOSO
PALESTRA: O BARRIO É NOSO
Este venres 12 de abril no Centro Cívico de Canido ás 19.00 h deu comezo o Ciclo de palestras que levan o nome de “O Barrio é noso”, organizado pola Asociación Veciñal de Canido e a ASC Muíño do Vento. Baixo esta denominación vanse desenvolver unha serie de charlas e conversas arredor dos diferentes retos de futuro e presente do barrio de Canido, pero que é extensible a outros barrios da cidade (acceso á vivenda, suba dos alugueres, rehabilitación, mobilidade, desenvolvemento sostible, modelo de cidade…).
Ante una nutrida concorrencia, este venres o convidado foi Iago Lestagás Tizón, arquitecto, investigador e experto en rexeneración urbana ademáis de concelleiro de urbanismo no Concello de Santiago de Compostela. O convidado centroua súa intervención na xentrificiación, cunha aproximación ao termo, e tamén explicará as principais consecuencias destes procesos (a suba dos alugueres, as dificultades das persoas para ter acceso á vivenda, a falta de oferta de alugueiro, ou expulsión da veciñanza de toda a vida do barrio).
Convidamos a veciñanza non só de Canido, tamén doutros barrios da cidade que tamén están a comezar a sufrir os mesmos síntomas, a participar nestas palestras. Palestras que nacen cunha vocación didáctica e informativa pero tamén abertas á participación e ao debate.