OBRADOIRO: PERCUSIÓN MIÚDA
OBRADOIRO: PERCUSIÓN MIÚDA
O sábado 12 de marzo desenvolveuse, no local de Muíño co Centro Cívico Canido, un obradoiro de percusión miúda que foi un éxito total, tanto pola participación como polo grao de satisfacción dos asistentes.
O comezo do obradoiro foi unha pequena charla sobre o valor que ten a música que facían a mulleres con elementos domésticos dos que eran capaces de sacar compases e engadirlle letras.
Na segunda parte aprendemos a facer música con pequenos instrumentos de uso cotiá: sachos, botellas de anís, morteiros de cociña, culleres, lavadoiros, pandeireta (que facían a partires do baruto da fariña con pel seca de animais) e con tixolas. É dicir co que realmente tiñan a man.
A terceira e última parte foi ensinarnos a engadir o anterior a unha canción levando o ritmo con eses instrumentos.
En próximas datas repetiremos este obradoiro.