Obradoiro de Teatro «Un día ó ano non fai dano»
Este sábado 30 de xuño, novamente o Obradoiro de Teatro de Muíño deleitounos cunha moi agradable representación.
Desta volta estrearon a obra “Un día ó ano non fai dano”, adaptación da obra do escritor e muiñeiro Antonio Yáñez.
A acción transcorre nun cemiterio no día de defuntos e vai do que alí sucede co persoal que nel reside en espera de subir ao ceo.
Excelente traballo de adaptación da obra e dirección da mesma a cargo de Chus Prieto, así como unha simpática e deliciosa actuación de todo o elenco perfectamente ambientados, tanto polo delicado traballo do magnifico estilista Adrián López coma polo logradísimo escenario do excelente escenógrafo Manuel Carballeira.
Parabéns!!
GALERÍAS DE FOTOS