Maios en Canido
Este ano , como parte da INTRABARRIAL, Muíño do Vento volveuse a implicar na celebración dos Maios.
Participamos activamente en todas as actividades pero puxemos o noso grao de area especialmente nalgunhas moi concretas:: Inventa unha flor, Obradoiro de Maios, Feira das asociacións e Comida veciñal.
As nosas felicitacións a todas as asociacións do barrio e sobre todo á veciñanza que demostrou que as festas se poden organizar desde abaixo. Canido non só asistiu como público, senón que foi o verdadeiro protagonista da celebración.
Esperamos continuar por este camiño.
Opa Canido!!!
GALERÍA DE FOTOS