MAGOSTO NO MUÍÑO

MAGOSTO NO BARRIO ALTO

Un dos propósitos de Muíño do Vento é abrir o noso espazo a todas aquelas  asociacións progresistas dispostar a traballar  pola cultura nesta cidade. E precisamente abundando neste eido o sábado 12 de novembro celebramos no Centro Cívico Canido un magosto no que colaboramos coa Asociación Veciñal do barrio e con Artabria.

Numeroso público esgotou as existencias de castañas, liscos e chourizos, ademáis de participar da música e do baile. As pandereteiras do Muíño e o grupo Xoldaina animaron á concurrencia a cantar e bailar nunha tarde que foi un éxito total.

Deixamosvos aquí algunas das imaxes do acto, que esperamos se repita en próximos anos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *