INVENTA UNHA FLOR XII

INVENTA UNHA FLOR XII

O sábado 4 de maio, no Centro Cívico de Canido, tivo lugar a XII festa do certame literario Inventa unha flor.

Como nas anteriores edicións, o alumnado dos centros educativos do barrio -Colexio San Rosendo, IES Ferrol Vello, CEIP Cruceiro de Canido e IES Canido- leron os traballos cos que renderon tributo á festa dos Maios

Nesta edición contamos coa participación das Pandereiteiras do Muíño, que abriron a festa e cos coros Concerto Tempiño e Tempo Novo, que pecharon o acto.

Colexios, presentadores e alumnos recolleron a medalla do certame, obra da ceramista Susana González Amado, e estes últimos, ademais, un diploma acreditativo da súa participación.

A colaboración do Concello, da AVV de Canido e de persoas a título particular foi imprescindible para que todo saíse como estaba previsto. Mil grazas a todos.

LIBRO DIXITAL

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *