Encontro coa veciñanza «Os maios en Canido»

O pasado mércores 30 de abril, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, promovido pola ASC Muíño do Vento, tivo lugar un encontro coa veciñanza do barrio de Canido que, ano tras ano, mantén viva a celebración da festa dos Maios.

Comezou este encontro coa elaboración do Maio da ASC Muíño do Vento. Mentres soaba a música da Quadrilha do Campo de Chao, rapaces e rapazas do IES Canido escolman fiúnchos, xestas e flores e, deixándose aconsellar polos vecinos e veciñas, van dando forma a un fermoso muíño, representativo da nosa asociación, que logo percorrería as rúas do barrio.

Continuou o encontro cunha charla. Logo da presentación dos veciños da rúa Alegre, da rúa Alonso López, da Agrupación Vasco da Ponte…, fíxose una exposición, resumo da fermosa festa dos Maios que, dende tempos inmemoriais e coa chegada do bo tempo, vén celebrándose no noso País; festa popular que hoxe se celebra enchendo de delicia o noso barrio de Canido, aldeas, vilas e cidades de Galicia; os Maios dende o punto de vista histórico, as súas formas, as súas coplas: coplas tradicionais que ao longo do acto cantaron dúas nenas; a documentación relativa aos Maios en Canido… E tamén agradecementos a Clodio González Pérez e a súa magnífica obra “A festa dos Maios en Galicia”.

E o cerne do encontro, as experiencias arredor da festa dos Maios, contadas pola veciñanza presente amosaron unha grande fonte de sabedoría popular.que, dende tempos inmemoriais e coa chegada do bo tempo, vén celebrándose no noso País; festa popular que hoxe se celebra enchendo de delicia o noso barrio de Canido, aldeas, vilas e cidades de Galicia; os Maios dende opunto de vista histórico, as súas formas, as súas coplas: coplas tradicionais que ao longo do acto cantaron dúas nenas; a documentación relativa aos Maios en Canido… E tamén agradecementos a Clodio González Pérez e a súa magnífica obra “A festa dos Maios en Galicia”.

Na charla, ilustrada con audiovisuais, foron aparecendo as inquedanzas que ano a ano ían xurdindo dende o compromiso coa tradición, coa festa dos Maios, co País: os novos proxectos técnicos, as novas resolucións artísticas (dende as figuras cónicas a fermosísimos Maios figurados ou apropósitos do ano), novas colaboracións…Versos que acompañaban cada un dos traballos anuais. E ao fondo, Curros , “Aí ven o Maio”.

Remate do acto con parabéns, agradecementos e propósitos de reafirmar a nosa festa dos Maios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *