CÓNTAMO TI #ISTONONÉUNMITN
O ciclo CÓNTAMO TI #ISTONONÉUNMITN comezou o venres 3 de febreiro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Canido cunha sesión inaugural na que participaron 4 ex-alcaldes (que xa non son elixibles na próxima convocatoria electoral). Algúns, xa retirados da política, ofreceron a súa visión da cidade co paso de tempo e dende a súa experiencia de xestión.
Participaron neste primeiro encontro Manuel Couce (alcalde en 1989 -1991, 1991-1995), Xaime Bello (1999-2003), Juan Juncal (2003-2007) e Vicente Irisarri (2007-2011).
Aquí vos deixamos una galería de fotos do acto e un enlace donde podedes escoitar a sesión completa en directo.