CHARLA-COLOQUIO CON CAMILO CASAL: UN OCEÁNO DE PLÁSTICOS

CHARLA-COLOQUIO CON CAMILO CASAL: UN OCEÁNO DE PLÁSTICOS

O xoves 29 de febreiro ás 19.30 horas da tarde tivo lugar no Centro Cívico de Canido unha charla/ coloquio sobre a situación de contaminación por plásticos que sufren os  nosos mares e océanos. Co título «Un Océano de Plásticos» fixose un exhaustivo relatorio sobre a reciclaxe, os tipos de plásticos que podemos atopar na nosa vida cotía, así como a importancia das partículas chamadas microplásticos e como estas veñen a introducirse na nosa cadena trófica. A palestra foi ao cargo de Camilo Casal, profesor xubilado e divulgador científico e ambiental.

Esta charla organizada pola Asociación Sociocultural Muíño do Ventro, así como  a AV de Canido, ven a poñer o aceno  nunhas das tantas ameazas ambientais que están a sufrir os nosos mares, que ademais ten consecuencias directas non só na nosa saúde, tamén na economía, a biodiversidade  e o clima. Unha contaminación que segundo Nacións Unidas aumentou de xeito exponencial nos últimos anos e  ademais denuncia que a reciclaxe deste tipo de produtos non está a ser suficiente pala loitar contra a invasión dos plásticos. Como relataba onte Camilo Casal, de seguir esta progresión «chegará un momento no que haxa máis plásticos que peixes nos nosos mares».

Dende as entidades organizadoras manifestaron o seu compromiso co medio ambiente, e entenden  a importancia de poñer de relevo esta problemática ambiental e dar a coñecer as consencuencias deste tipo de contaminación nos nosos mares. Unha realidade que puxo en primeiro plano da actualidade a crise do pellets a comezos deste ano que de novo tivo as nosas costas. Unha nova «marea» , que tamén espertou unha onda de protestas e  mobilizacións social, da man de movementos ecoloxístas e asociacións de profesionais do mar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *