CELEBRACIÓN MAGOSTO

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Na tarde de onte, 10 de novembro. celebramos o Magusto Popular, organizado conxuntamente pola Asociación Sociocultural Muíño do Vento e a Fundaçom Artábria, coa colaboración da Asociación Veciñal de Canido.

O tempo non acompañou, pero non parou a festa, que pasou ao interior do Centro Cívico por mor da choiva. Aínda así, unha morea de xente de todas as idades puideron degustar os liscos e chourizos, a prezos populares, xunto coas castañas asadas, de balde.

Non faltou a música da man da veciñanza que trouxo os seus propios instrumentos e animaron a festa. O punto final da foliada chegou coas pandereteiras de Muíño do Vento que encheron de música e baile o Centro Cívico.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *