Carga de Dignidade
A Asociación Muíño do Vento quixo estar presente na acción Carga de Dignidade que tivo lugar o domingo 2 de xuño en Ferrol, e colocou unha camiseta da asociación na reixa de Navantia, uníndose deste modo a todas aquelas persoas e colectivos que deixaron unha peza de roupa como forma simbólica de esixir carga de traballo para o sector naval, fundamental para recuperar un nivel de vida digno nunha comarca especialmente castigada.