ANDAINA POLAS ALAMEDAS ILUSTADAS DE FERROL
Convocados por Muíño do Vento e a Asociación cultural Ferroltera Antiga, medio centenar de persoas participamos nunha andaina guiada pola profesora Mª José Leira Ambrós, especialista en xardinería ferrolá, tanto nos seus aspectos botánicos como formais, e que ven de publicar o xa imprescindible “As alamedas ilustradas de Ferrol” cuxos contidos puidemos gozar en vivo baixo as explicacións da profesora.
As súas publicacións suman o rigor na procura de fontes, a capacidade crítica e unha firme vocación divulgadora destinada a sensibilizar á cidadanía na defensa dun patrimonio botánico e xardineiro oculto, mesmo para aqueles que teñen a obriga de protexelo.
E destas virtudes beneficiámonos os que acudimos á andaina entre Esteiro e o Porto o pasado xoves 21 de outubro.