CAMPAÑA DE SOLIEDARIEDADE INTERNACIONAL CON PALESTINA

 

Día 24 de xuño de 2026, 11 da mañá. Convocados por diferentes entidades de apoio a Palestina, no Centro Cívico de Canido, ímonos xuntando un grupo de    persoas  co obxectivo de manifestar o noso apoio a unha nova acción de combate contra a ampla panoplia de accións que, contra Palestina e as accións de solidariedade internacional con este pobo vítima de xenocidio, se están a desenvolver polo mundo adiante. Nesta ocasión é unha convocatoria demandando a inmediata posta en liberdade de  activistas que desde a Global Sumud Flotilla participaban nunha operación de acercar axuda humanitaria  a Gaza. Levaban 30 días de retención inxustificada e ilegal, de secuestro a maos das denominadas Forzas Armadas Árabes Libias.

O noso compañeiro, Xoám López, decidira sumarse ao movemento de grevistas de fame que se tiña organizado e no que participaban ata 30 activistas en diferentes países do mundo.  E, ás veces, as cousas marchan na boa dirección. Desde o día 23 empezaran a chegar noticias dunha declaración do aparello do poder que tiña secuestrado ás persoas activistas da Global Sumud Flotilla, ordenando a súa posta en liberdade e a súa expulsión do país. A Fiscalía Xeral de Bengasi facía pública a súa decisión de expulsar do territorio libio aos membros do convoy ”Al-Sumud” que levaban un mes en prisión por migración ilegal. E o Ministerio de Relaciones Exteriores do Goberno Libio declaraba que la execución da decisión anunciada pola Fiscalía, formaba parte del respecto a la soberanía do Estado de Libia e a aplicación das leis e regulacións en vigor.          

   

As entidades con enderezo no Centro Cívico de Canido adoptaramos a decisión de prestar o noso apoio loxístico á acción de Xam. Considerámonos obrigadas internacionalmente polas normas contra as políticas xenocidas que están a desenvolver Israel, Estados Unidos e , por colaboración ou omisión, unha boa parte dos estados occidentais nos que desenvolvemos a nosa actividade.

A asemblea de apoio para coas activistas que xa estaban comezando a ser liberadas e expulsadas de Libia, comezou informando sobre o que coñecíamos do proceso. Informouse sobre como se desenvolvera o proceso de internamento no país e o seu apresamento. E, unha vez que coñecíamos a recente evolución dos acontecementos, decidimos que, mantendo a vixiancia sobre o proceso, podíamos suspender a convocatoria. E así o fixemos. Agradecemos a presenza e o abrigo das persoas que se sumaron á convocatoria.

Palestina Libre

Desde o Río ata o Mar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *