NOVA SESIÓN EN CANIDO DO CICLO “FALAR SEN CANCELAS”, DEDICADA Á NUTRICIÓN E Á SAÚDE

NOVA SESIÓN EN CANIDO DO CICLO “FALAR SEN CANCELAS”, DEDICADA Á NUTRICIÓN E Á SAÚDE

Este pasado xoves, 16 de abril, tivo lugar unha nova sesión do ciclo *Falar sen Cancelas*. A palestra, organizada pola Asociación Sociocultural Muíño do Vento, a Asociación Veciñal de Canido e a Sociedade Recreativa e Deportiva Canido, estivo centrada na “Nutrición, obesidade e saúde”.

A actividade, que se celebrou ás 19:30 h no Centro Cívico de Canido, contou coa participación de Victorina Rey Quintiana, bióloga e profesora de secundaria.

Durante o faladoiro abordáronse diversos conceptos relacionados coa nutrición, co obxectivo de promover hábitos de vida máis saudables. A convidada tamén desmontou falsos mitos e crenzas arredor de prácticas alimentarias que poden derivar en problemas de saúde, como a obesidade, a diabetes ou outras enfermidades.

Desde a organización destacan a importancia deste tipo de encontros para fomentar o pensamento crítico, resolver dúbidas e coñecer mellor que produtos resultan máis beneficiosos para a saúde.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *