2º ASALTO LITERARIO
2º ASALTO LITERARIO
O venres 11 de setembro, Muíño do Vento en colaboración coa Asociación Veciñal, organizaron a segunda cita dos Asaltos Literarios, celebrada na biblioteca do Centro Cívico.
O evento tivo como fío conductor, a presentación do libro «Na punta do martelo», editado por Muíño do Vento, e estructurouse en varios actos.
No primeiro acto, a voz de Carla Romalde e a guitarra de Pedro Sobrín acompañaron a unha posta en contexto do contido da obra, o percorrido polo pola memoria dun carboeiro da Armada republicana, Ramón Gómez Prieto, e o proceso represivo que terminuou nun consello de Guerra e o seu fusilamento e morte en 1939.
No segundo bloque, o profesor Marcos Abalde percorreu lugares de memoria na comarca de Ferrolterra, mostras da barbarie e, por desgracia, aínda da inacción das autoridades que seguen sen otorgar a eses lugares o significado de memoria antifascitas que merecen ter.
No terceiro bloque, Conchi López, pertencente ao colectivo Histagra, da USC, explicou a labor de Histagra na recuperación da memoria, proxectos concretos como o levantamento e fosas en Serantes, e aportou recursos aos que as familias interesadas poden acceder para investigar sobre a memoria das persoas represaliadas.
Pechou de forma emocionante o acto a poeta e activista Charo Lópes, que líu un par de pezas fermosas que versan sobre as mulleres e homes que loitaron nos anos 70 en Ferrol, conectando así as luitas pola liberdade e os dereitos e a memoria das persoas do común que formaron parte destas loitas.
O acto pechouse cun encontro entre público e poñentes no ambigú do centro cívico.
