NOVA EDICIÓN DO CURSO DE GALEGO PARA NEOFALANTES NO CENTRO CÍVICO DE CANIDO

Esta nova edición desta actividade organizada conxuntamente polas entidades do barrio ASC Muíño do Vento, AV de Canido e Sociedade Deportiva e Recreativa de Canido, está coordinada por César Pita, Antón Cortizas, Pilar Vázquez, Rubén Amado e Henrique Dacosta.

O obxectivo é achegar a nosa lingüa a aquelas persoas que gostarían de poder falar con normalidade no noso idioma e está destinada a persoas adultas maiores de 16 anos. A duración das sesión será de unha hora na que a través da conversa e diversión aprenderemos a falar mellor o galego pero tamén pásalo ben.

A primeira sesión  tivo lugar o día 5 de outubro na Biblioteca do Centro Cívico de Canido ás 19.00 h.

Un espazo para aprender, practicar e gozar do galego en boa compañía.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *