V Encontro Audiovisuais no Muíño

O pasado venres, 15 de novembro, no Centro Cívico de Canido, tivo lugar o V Encontro Audiovisuais no Muíño.

Juanín Ares Gondell, muiñeiro e coordinador deste encontro, foi o encargado de presentar o acto. Grazas polo seu esforzo, dedicación e profesionalidade.

O primeiro bloque dedicouse a curtas de carácter documental:

Atlántico de plástico, realizada  polo alumnado de 2º e  3º de ESO do IES Canido de Ferrol, dentro do programa Vidas Mariñeiras .

M-book de Cristina Esteiro e Carlos Quirós,  integrantes da produtora ferrolá Corda Frouxa  Esta curta , sobre o libro mecánico de Ángela Ruiz Carballos, ven de presentarse no Festival de Málaga.

O segundo bloque recolle obras de ficción e nel puidemos ver:

Room 8 de James W. Griffiths (VOS), gañadora do premio BAFTA 2014. Nela  o autor quere convencernos de que aínda que Einstein dixo que Deus non xoga aos dados,  parece que o diaño xoga con todo o que teña a man.

16 de decembro de Álvaro Gago, nominado ao Goya por “Matria”, e gañador con esta nova curta do VII Festival de Curtametraxes contra a Violencia de Xénero da Deputación de Xaén.

Visión de Peque Varela, vídeo clip  premiado no último Festival de Cans. Nel a autora nos mostra a súa peculiar estética, esta vez nun traballo para Window Pane

Limbo de Dani Viqueira,  primeira peza en solitario do coruñés , que  leva xa un percorrido por festivais internacionais do xénero fantástico, sendo unha das curtametraxes con máis seleccións no último ano, co Premio do Xurado no Terroríficamente  Cortos ou a Mellor Curtametraxe no Grimmfest de Manchester. Levou tamén o galardón a Mellor Guión Galego na última edición do Curtocircuíto, outorgado pola Asociación de Guionistas Galegos, e Premio do Xurado a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival de Cans.

A nena azul da naronesa  Sandra Sánchez. Esta curta, a parte do percorrido que tivo en España, co premio Mestre Mateo, o Premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade da Deputación, mención especial do Xurado Planeta GZ e o Premio Crea á mellor dirección galega no Curtocircuíto International Filme Festival,  estivo xa en festivais como o ONE Country, ONE Filme, en Apchat-Isoire, Francia e o Festival de Cinema Internacional de Edimburgo, en Turquía

Madre de Rodrigo Sorogoyen, obra que  recibiu máis máis de 100 premios, obtendo o Goya a Mellor Curtametraxe e sendo nomeado ao Óscar na mesma categoría. Coincidindo coa súa presentación neste V ENCONTRO de AUDIOVISUAIS  NO  MUÍÑO, estreouse a longametraxe que, co mesmo nome, da continuidade a esta historia

O público seguiu con gran interese as diversas proxeccións celebrando con aplausos o fin cada unha delas.

O traballo de Juanín e o dos seus olleadores, como quixo resaltar na presentación, permitiunos gozar en Canido dunha variada mostra do que se está facendo no mundo audiovisual. Partindo do local, a selección deste ano excedeu este marco con incursións no internacional.

Esperamos con impaciencia o próximo ENCONTRO

 

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *