SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO
SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO
Despois dunha semana de noticias tráxicas ocorridas nos territorios palestinos e baixo o control do Estado de Israel, concentrámonos ás 20:00h na Praza do Concello de Ferrol.
Alí estabamos unha parte da cidadanía galega para mostrar publicamente o noso apoio á causa palestina, o noso rechazo á traxedia provocada por un Estado que leva máis de 70 anos, desde 1948 na que se autoconstituiu, bloqueando as posibilidades de construción e desenvolvemento do Estado Palestino, impoñendo condicións imposibles para a vida da cidadanía palestina e dando, unha e outra vez, ás mesmas respostas (respostas falidas) aos problemas que teñen a súa orixe no seu propio accionar.
Somos ben conscientes dos sufrimientos polos que pasou o pobo xudeu ao longo da historia. Pero se houbese que buscar responsables, atoparíamolos mellor entre os europeos que entre os árabes e pobos veciños. Ningún deles é responsable da persecución histórica condenando ao pobo xudeu pola morte do dios que se impuxo en Europa, nin das expulsións en masa, nin dos ataques e matanzas desenvoltos nos “pogroms” que se desenvolveron en toda Europa. Nin moito menos dos campos de concentración e matanza en masa realizada no centro de europa polos nazis e as diferentes élites nacionais que aceptaron o seu dominio.
Pero nada de todo isto pode nin xustificar a traxedia provocada na Palestina, nin esixir o silencio dos que hoxe habitamos Europa.
Solidariedade co pobo palestino. Cumprimento das resolucións de Nacións Unidas. Negociación e exercicio dos mecanismos democráticos para enfrontar as solucións para un futuro en paz.
Muíño estivo alí.