PRESENTACIÓN DO LIBRO CASTELAO: PLÁSTICA E PENSAMENTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO CASTELAO: PLÁSTICA E PENSAMENTO DE SUSO PIÑEIRO (XOVES 13 DE OUTUBRO)
É un tópico, cando se trata de falar do Castelao novo, clasificalo como conservador. Pero ademáis é falso. Ben é verdade que Castelao, cando volta da emigraciòn arxentina, no 1900, atópase con un sistema político ultraconservador, – a Restauración Borbónica- no que a aristocracia, a igrexa e o exército controlaban a sociedade. Eran as clases populares, labregos e mariñeiros, os que sofrían os excesos das políticas impostas dende Madrid, aos que se sumaba unha fortísima crise económica no campo galego, de finais do século XIX e primeiros do XX.
Galiza , comenzou a facerlle fronte ao sistema con unha decidida mobilización dos mariñeiros, con manifestacións no mar e en terra, pedindo a supresión das artes introducidas polos cataláns e nas que tamén participaba o Castelao raparigo, e sobre todo as manifestaciós dos labregos na segunda decena do século XX, ao que o Goberno de España, chegou a temer, pola cantidade de xente que unha e outra vez se manifestaba.
Esta sociedade tiña no estilo costumista, a súa expresión plástica. Castelao cando empeza a facer o seu traballo, parte naturalmente do ambiente artístico no que está inmerso. Pero dende cedo, amosa o seu interese por superar a so ciedade que lle tocou vivir e descubre a través de outros autores galegos, como a Galiza na que vive está esmorecendo.
De aí que pouco a pouco comece a utilizar outro estilo artístico que descobre nos realistas franceses como Courbet ou Daumier. E de destacar como dí o historiador da arte español, Valeriano Bozal, que Castealo é dos poucos que se atreven en todo o Estado Español a utilizar dito estilo.
Pero a asunción dun novo estilo artístico, que fose do gosto de todos aqueles que estaban a loitar contra o sistema borbónico, levouno tamén a dar o paso de militar políticamente para transformar aquela Galiza agonizante.
Ceñíndonos ao eido artístico, compre dicir que Castelao foi o elo necesario para que nos anos vinte e trinta do século XX, xurdiran artistas xa alonxados do costumismo que deixaron a pintura galega, a nivel da que se facía en Europa. Estou a falar dos chamados os Novos ou Renovadores, Maside, Colmeiro, Seoane….
Xesús Andrés López Piñeiro.