PRESENTACIÓN DA NOVA NOVELA DE HENRIQUE DACOSTA “MORTES CON ARGUMENTO”
PRESENTACIÓN DA NOVA NOVELA DE HENRIQUE DACOSTA “MORTES CON ARGUMENTO”
O pasado xoves 11 de decembro ás 19,30 horas tivo lugar no Centro Cívico de Canido a presentación da nova novela do noso muiñeiro Henrique Dacosta, “Mortes con argumento” publicada pola editorial Beluga. Nesta presentación estivo acompañado polo xornalista Xose Fandiño co que mantivo unha interesante conversa.
Esta novela ven logo dos seus dous libros de relatos Á deriva e O estrano caso da bicicleta amarela, e da o salto a outro xénero como é o thriller policial. A historia parte da aparición de dous cadáveres e a partir dese feito vamos coñecendo todo un encaixe de personaxes que crean un ambiente hostil e de suspense ao largo do relato.
Ademais como é costume en Henrique, as súas historias sempre están encadradas na proximidade e en paisaxes recoñecibles. Neste caso nos arredores da Pena Molexa, e outras contornas de Ferrolterra, facendo un traballo de recuperación da toponimia e de manter viva a memoria oral e colectiva da nosa contorna.
O acto tivo unha grande acollida de público e no que na súa conversa con Xose Fandiño puidemos descubrir non só máis polo miúdo diferentes aspectos da novela e do proceso creativo, tamén deu lugar a reflexión, en especial na necesidade de manter a identidade propia fronte aos procesos de imposición cultural do masivo.
