O BARRIO É NOSO: O FUTURO DO COMERCIO DE PROXIMIDADE

O BARRIO É NOSO: O FUTURO DO COMERCIO DE PROXIMIDADE

O pasado 27 de febreiro celebrouse no Centro Cívico unha nova sesión do ciclo “O barrio é noso”, centrada nesta ocasión no comercio de proximidade.

A actividade desenvolveuse en formato de mesa redonda e contou coa participación de dúas comerciantes do barrio, o presidente da asociación veciñal e o sociólogo da Universidade da Coruña, José Antonio Cortés Vázquez, tamén veciño da zona. A moderación correu a cargo de Celia Fernández Alvariño.

Durante o encontro puxéronse en común distintas perspectivas sobre a situación actual do pequeno comercio, subliñando o seu papel fundamental como creador de comunidade, ao favorecer as relacións de proximidade, a vida nas rúas e a identidade do barrio. Así mesmo, abordáronse os riscos que supón para este modelo a proliferación de grandes áreas comerciais, como a proxectada no Sánchez Aguilera, que poden contribuír á perda de tecido comercial local e á homoxeneización dos espazos urbanos.

As distintas intervencións permitiron afondar nos desafíos actuais e nas posibles vías de apoio ao comercio de proximidade, poñendo en valor a necesidade de implicación tanto da veciñanza como das administracións.

O acto concluíu cun coloquio participativo no que o público puido intervir activamente, achegando ideas e propostas para manter vivo o tecido comercial e fortalecer a cohesión social do barrio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *