O BARRIO É NOSO: A vivenda na nosa cidade. Dereito ou privilexio?

UNHA NOVA PALESTRA DE «O BARRIO É NOSO» ABORDA O TEMA DA VIVENDA NA CIDADE

Baixo o título «A vivenda na cidade. Dereito ou privilexio?» tivo lugar no Centro Cívico de Canido, este pasado venres, ás 19.30 h unha nova palestra de «O Barrio é Noso», proxecto levado a cabo conxuntamente entre a Asociación Veciñal de Canido e a Asociación Sociocultural de Canido. Nesta ocasión o convidado foi Ramón Montero Cereijo.

O convidado que é arquitecto e experto en Edificación, Rehabilitación, e xestión de proxecto analizaron as razóns da alza dos prezos, os síntomas que se poden observar respecto dunha posible burbulla inmobiliaria, así como os fenónmenos da xentrificación, turistificación e o efecto que teñen en cidades e barrios, e na accesibilidade a un ben fundamental, especialmente no que ten que ver cos prezos do aluguer.

Este ciclo de palestras naceu hai algo máis dun ano, no que tratamos temas coma a sostenibilidade urbana, novos modelos de desenvolvemento dos barrios e cidades, así como o papel de rehabilitación, e como neste caso da vivenda e o tensionamento do mercado residencial na cidade e en especial no noso barrio, onde os prezos experimentaron unha suba do arredor dun 30%. Polo dereito a vivir nos nosos barrios e cidades #OBarrioÉNoso

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *