CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2026 NO BARRIO DE CANIDO
CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2026 NO BARRIO DE CANIDO
Neste mes de marzo celebramos no barrio de Canido o día da Árbore. As entidades Asociación Sociocultural Muíño do Vento, Asociación Veciñal de Canido e a Sociedade Deportiva e Recreativa de Canido organizaron este ano 2026 unha serie de actividades dentro desta celebración e que este ano estiveron centradas na lembranza de J. García Niebla.
As actividades deron comenzo o día 18 de marzo coa palestra de María José Leira Ambrós que falou sobre “A importancia de conservar as alamedas”. A conferencia que tivo lugar na biblioteca de Centro Cívico tivo unha grande acollida de público.
Xa o día 20 de marzo ás 11.00 h tivo lugar a plantación dun carballo xunto a comunidade escolar do IES Canido. Foi plantada a primeira árbore das que van seguir nese futuro Xardín dos Mestres e Mestras. A ubicación deste espazo será na confluencia da rúa Poeta Pérez Parallé, a rúa Coruña e o muro parroquial de San Rosendo.
Ese mesmo día tivo lugar ás 19.00 h no IES Canido a palestra de Guillermo Llorca sobre o homenaxeado deste ano e baixo o título “Juan García Niebla: Entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán”. As entidades convocantes agradecen a participación da veciñanza, da comunidade educativa do IES Canido así como do Concello de Ferrol e o seu persoal de Parques e Xardíns.
