Celebración do 25 de Abril
Celebración do aniversario de Muíño: 25 de Abril
Cada 25 de abril as xentes da ASC Muíño do Vento celebramos o noso aniversario. E facémolo cunha cea- convivio que coincide cunha data de especial significado para nós, a conmemoración da Revolución dos cravos.
Este ano, por mor da pandemia, non poidemos reunirnos para conversar, cantar e reflexionar sobre o nosos traballo nestes oito anos e sobre a necesidade de acadar novos pulos e arelas para seguir en vindeiras muiñadas.
Pero incluso nuns momento complicados non estivemos dispostos a deixar pasar esta data sen algún tipo de celebración
Aquí tedes un vídeo que recolle a nosa cumprida celebración do 25 de abril.