UN PERCORRIDO POLA VIDA, O PENSAMENTO E A LOITA DE ÁLVARO CUNHAL
UN PERCORRIDO POLA VIDA, O PENSAMENTO E A LOITA DE ÁLVARO CUNHAL
O sábado 14 de novembro o Centro Cívico de Canido acolleu unha visita guiada á exposición «Álvaro Cunhal: vida, pensamento, luta e obra artística», conducida por Miguel Tiago, exdeputado do Partido Comunista Portugués (PCP.
Ao longo do percorrido, Miguel Tiago achegounos á vida de Álvaro Cunhal, figura fundamental do movemento comunista portugués e da loita contra a ditadura do Estado Novo. A través das distintas etapas da súa traxectoria, puidemos coñecer mellor o seu compromiso político, os anos de clandestinidade e prisión, o seu papel na Revolución dos Cravos e a súa contribución á construción da democracia en Portugal.
A visita permitiunos descubrir tamén outras facetas de Cunhal, como a súa dimensión intelectual, literaria e artística.
Durante o encontro Muiño fíxolle entrega a Miguel Tiago do libro “A Revolución dos Cravos Pretos”, editado por nós e escrito por Rafael Aguirrebengoa e Xoan López, como agasallo e recoñecemento a este intercambio de experiencias e memoria histórica.
Unha xornada para coñecer, aprender e compartir memoria, reafirmando a importancia de manter viva a historia das loitas populares pola liberdade, a democracia e a transformación social.
