Iº ROTEIRO POLAS FOCHANCAS DE CANIDO
PRIMER ROTEIRO A PÉ POLAS FOCHANCAS DE CANIDO
Está mañá, día 15 de Febreiro, tivo lugar no barrio de Canido o primero Roteiro a Pé polas fochancas do barrio. Esta actividade, organizada por a Asociación Vecinal de Canido, a Asociación Socio-cultural Muíño do Vento e a Sociedade Deportiva e Recreativa de Canido, comezou ás 12 horas, saíndo da Plaza da Tafona.
Este roteiro tiña un carácter lúdico-festivo pero tamén reivindicativo respecto do estado dos viais do noso barrio. Un viais que reflicten un importante desleixo e abandono por parte do Concello de Ferrol.
O roteiro tivo lugar polas rúas de Canido, cunha duración dunha hora e con grande afluencia da veciñanza. Neste percorrido poido disfrutarse do patrimonio fochanqueiro e das augas cristalinas das fochancas.
