UNHA TARDE NO MUÍÑO.
PROGRAMA 62.LUNS 4 NOVEMBRO 2019
Lucinio Medel da comezo ao programa facendo un achegamento as Cantigas Medievais. Cronoloxía, ámbito xeográfico, trobadores e xograres, tipos de Cantigas…para concluír inxerindo as cantigas dentro do noso Patrimonio e expoñendo a necesidade da súa defensa, coidado e espallamento.
Camilo Casal seguiu desenvolvendo por terceiro día a proposta Poñerse a dieta para salvar o Planeta. Resumo de anteriores sesións e análise das distintas dietas e a súa incidencia dentro da cadea de produción e cambio climático.
Rafa Aguirrebengoa na súa sección Outra información é posible, fai referencia a pasada manifestación Xustiza para Pintos. Pasa logo a analizar situacións que condean a moita xente á miseria e a pobreza, A Economía da pobreza. Referencia aos Nobel e a escasa presenza de mulleres. E paso a distintos estudios de campo para superar a pobreza. E as distintas propostas para mellorar resultados de actuacións neste eido. Referencias a situación de Galiza e a situación de pobreza.
Borja Peña intervén en Vivo, penso e declaro.
Esther Rivera na sección Tokio-Ferrol fai un achegamento as mulleres escritoras no Xapón. Biografía e obra das escritoras Yasunari Kawabata, Kanzaburo Oe, Kazuro Ishiguro, e nomeadamente Yoko Tboada Hiro Arikawa. Exposición da necesidade de achegarnos ao mundo da Literatura xaponesa.
Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto-Canido fai aviso de seguimentos de xentes maiores ou necesitadas e posíbeis contactos coa Concelleira de Benestar Social. Referencia a necesidade darlle un uso a vivendas baldeiras e posta en valor social.Igualmente facer o necesario par a realización de cursos de formación…
Parabéns a Banda de acordeóns de Cedeira polos premios acadados en Praga e despedida con Partisano.