PRESENTACIÓN DO LIBRO «VIVO, PENSO E DECLARO»
PRESENTACIÓN DO LIBRO «VIVO, PENSO E DECLARO»
O venres, 20 de maio, presentouse o libro “Vivo, penso e declaro” editado por Muíño do Vento
Nun salón de actos repleto de público, Cesar Pita e Rafael Aguirrebengoa , faláronos da xénese e do sentido desta obra de carácter colectivo.
Abriu o acto Rafael Aguirrebengoa, presidente de Muíño, contándonos que se trata dun traballo 33 veciñas e veciños de Canido no que se expresan algunhas valoracións, desexos persoais e aspiracións sociais difundidas a través do programa “Unha tarde no Muíño” que se emitiron entre o 22 de xaneiro de 2018 e o 1 de marzo de 2021.
Na obra, que foi realizada en complicidade coa nosa Asociación Muíño do Vento e utilizando os medios que pon á nosa disposición Radio FilispiM, 18 mulleres e 15 homes ofrecennos unha mostra de vidas diferentes, actividades sociais e laborais moi diferentes tamén, pero unha aspiración compartida por un mundo mellor, máis xusto, 18 mulleres e 15 homes que representan, aínda sen pretendelo, ao mellor da nosa sociedade. Non queren ser modelo para ninguén, pero debuxan un ser social plural e concertado, con actividades moi diversas e con algunhas aspiracións compartidas.
No que o contido se refire explicou que existe unha especie de esquelete interno común a cada unha das intervencións. Todos eles se ateñen a un esquema previo segundo o cal cada intervente presenta unhas liñas iniciais autobiográficas para pasar a continuación a sinalar algúns dos problemas esenciais que cada quen percibía no seu barrio, cidade e na Galiza, así como algúns dos desexos persoais para eses ámbitos.
Pechou a súa intervención cun capítulo de agradecementos e desculpas. Agradecementos a todos aqueles que fixeron posible este libro. Especialmete a Cesar Pita e Pepa Evia, condutores do programa de radio, a todas as muiñeiras e muiñeiros (Antón Cortizas, Paula Iglesias, Patricia Pérez e María Xinzo) que fixeron posible a súa publicación e, por último e máis importante , ás autoras e autores de cada unha das intervencións. Desculpas polos erros e dilacións acumuladas no proceso de edición do libro.
Falou despois Cesar Pita, director do programa “Unha tarde no Muíño. Comezou a súa intervención cun agradecendo especial á familia de Gilberto Martínez Seoane, que xa non está con nós, por ester presente neste acto. Despois de contarnos que o obxectivo último do programa é espallar cultura e solidaridade, pasou a facer unha breve contextualización da sección “Vivo, penso e declaro” dentro programa “Unha tarde no Muíño, emitido por Radio Filispín. Subliñou que o proposito desta obra é escoitar á xente como protagonista da Historia: ás xentes que desde o personal inxírense no colectivo, ás xentes que na mensaxe do poder parecen non existir.
O acto pechouse cunha sentida intervención da nai de Gilberto que emociono a todo o público presente.