O FADO: MITOS E RITOS / O FADO NAMORA
Como actividade conxunta da Asociación veciñal, a SRD Canido e a ASC Muíño do Vento, foron dúas xornadas fermosas as que vivimos nos días 14 e 15 de febreiro. Da man de Paco Faraldo, ferrolán de nacemento, xixonés e lisboeta de vida. Deleitounos con dúas sesións de audicións explicadas do fado de Lisboa, baixo o título de O fado: mitos e ritos. Na primeira, celebrada o venres 14 no Centro Cívico, o protagonismo foi da magnífica Amália Rodrigues. Ao acabarmos a audición, deixamos que escoitase o bandullo e tivemos unha celebrada cea, na que infelizmente, non puideron asistir varias persoas por non haber sitio suficiente para tantos no local do Clube Canido, onde se celebrou. E como remate triunfal da mesma, o grupo Abril Fado Atlántico (Laura Garrido, Daniel Azcemian e José Calabuig) deleitounos cun excelente concerto O fado namora co que sentimos um melódico abraço que nos levou de Ferrol até Lisboa no comboio da saudade.
Na tarde do sábado 15, a segunda audición, abriunos de ouvidos para coñecermos un «bocadinho» a historia do fado, desde a Severa até os nosos días. Sentimos as voces do Marceneiro, Carlos do Carmo, Ana Mora, Mariza e Camané, entre outros, conducidas e explicadas con mestría polo amigo Paco.
Gustariamos de que canto menos unha vez por ano no noso barrio puidésemos seguir gozando do fado, tan próximo como achegada é a lingua que o canta.
Porque…
Perguntaste-me outro dia se eu sabia o que era o fado. Disse-te que não sabia. Tu ficaste admirado sem saber o que dizia. Eu menti naquela hora, disse-te que não sabia mas vou-te dizer agora: |
Almas vencidas, noites perdidas, sombras bizarras, na Mouraria canta um rufia, choram guitarras. Amor, ciúme, cinzas e lume, dor e pecado. Tudo isto existe, tudo isto é triste, tudo isto é fado. |
GALERÍA DE FOTOS