INAGURACIÓN DO MEMORIAL EN LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DO FRANQUISMO
INAGURACIÓN DO MEMORIAL EN LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DO FRANQUISMO
O 24 de febreiro foi inaugurado o Memorial en lembranza das vítimas do franquismo na comarca, que despois de moitos atrancos e adiamentos, finalmente é unha realidade no noso barrio. Un barrio que coñeceu ben a represión practicada polo réxime e que tivo especial crueldade na nosa Comarca, especialmente nos primeiros compases do alzamento militar.
O memorial, sito no Parque Antón Varela, recolle por orden alfabética e cronolóxica ás 904 vítimas mortais do franquismo nos 25 concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Este memorial é unha débeda coas vítimas, que coa chegada da democracia quedaron esquecidas, salvo polas súas familias que levan anos reclamando dignidade e reparación. Trátase dun memorial aberto, xa que deixouse espazo para engadir máis nomes a esa negra lista, dunha das partes máis negras do noso pasado, non tan lonxano. O monumento foi deseño do escultor Manuel Patinha, que no acto de inauguración recoñece que foi unha honra e un exercicio de dignidade para él.
O acto que non foi acompañado polo tempo, foi moi emotivo e non só contou con Bernardo Maíz e Xose Manuel Suarez, os historiadores que fixeron un minucioso traballo de arquivo e documentación; tamén contaron coa compaña e as verbas dalgúns familiares dos homenaxeados. Entre eles puidemos escoitar a neta de Alejandro Porto Leis que reivindicou a figura do seu avó, e de todas a vítimas que deron a súa vida pola defensa da liberdade e da democracia. Tamén estiveron presentes os rexedores das comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, xunto con representantes da Comisión Pro Memorial e da Memoria História.
Este memorial tivo o seu punto de inicio grazas a unha moción presentada no Concello de Ferrol polo historiador Bernardo Maiz en representación dun amplo grupo de historiadores, familiares das vítimas e activistas sociais de Ferrolterra. A moción recibiu 14 votos a favor (Ferrol en Común, PSdeG-PSOE, BNG, Grupo Mixto e Ciudadanos) e contou coa abstención do Partido Popular.
Dende onte e tal e como dixeron moitos descendente,s en Canido hai un lugar para a lembranza, homenaxe e dignidade de todas esas persoas que perderon a vida en mans do réxime xenocida. Un réxime na que non foron vítimas tan só os asasinados, tamén as súas familias rotas para sempre e que seguiron sufrindo a represión, o illamento e o sinalamento do réxime.
Pola dignidade, a lembranza, a reparación e a memoria.
FRANQUISMO, NUNCA MÁIS!!