Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

SEGUNDA PALESTRA DO CICLO “O BARRIO É NOSO”

mayo 10 @ 19:00 - 20:00

 

SEGUNDA PALESTRA DO CICLO “O BARRIO É NOSO” QUE VERSARÁ SOBRE REHABILITACIÓN
Este vindeiro venres día 10 de maio terá lugar a II palestra do Ciclo “O Barrio é noso” que levará o título de “A Rehabilitación: como mudan os nosos barrios?”. Esta nova conversa virá da man de María Fernández Lemos, ex-concelleira de urbanismo no concello de Ferrol no período 2015-2019 e que ademais de arquitecta é experta en urbanismo e rehabilitación. E é precisamente nesta última faceta onde está a desenvolver na actualidade a meirande parte da súa actividade profesional.
Durante esta charla que dará comezo ás 19.00 h. no Centro Cívico de Canido, vaise tratar a rehabilitación dende outro punto de vista. Tocaranse cuestións como se existe cultura de rehabilitación, os beneficios que trae esta ou falar dos distintos casos de éxito e as mudanzas que leva consigo tanto no caso de habitabilidade, dos espazos urbanos ou sobre a calidade de vida.

Detalles

Fecha:
mayo 10
Hora:
19:00 - 20:00