![Cargando Eventos](https://muinhodovento.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento ha pasado.
PERCORRIDO POLA HISTORIA FUNERARIA DE FERROL
31 octubre, 2023 @ 17:00 - 18:00
Aínda máis actividades para o día 31!
Antes de comezar cos obraidoiros no Centro Cívico de Canido, realizaremos un percorrido, no que coñeceremos como se soterrou a veciñanza de Ferrol dende a Idade Media ata a contemporaneidade. Faleremos de crenzas e prácticas asociadas có tema da morte , achegándonos a espazos como a Igrexa conventual de San Francisco ou o antigo cemiterio de Canido.
Convidámosvos a participar neste Percorrido pola historia funeraria de Ferrol. Non volo perdades!
Día 31 de outubro, con saída as 17h de San Francisco.
Incrición en: ferrolterraantiga@gmail.com
(En caso de choiva, e previo aviso as persoas inscritas, a actividade realizarase en forma de charla no Centro Cívico de Canido ás 17h)