Charla sobre Ángeles Alvariño González por María José Leira

Ángeles Alvariño González: oceanógrafa ferrolá de proxección internacional 

Resumo da charla dada por María José Leira, promovida pola Asociación Cultural Muíño do Vento o 5 de marzo de 2020.

Nace en Serantes (Ferrol) en 1916, logo de estudar o bacharelato no Instituto Concepción Arenal, matricúlase en 1934 na Universidade Complutense de Madrid para estudar Bioloxía, remata a carreira despois da guerra civil e de casada.

En 1948 toma o primeiro contacto co Instituto Oceanográfico Español (IOE) e saca as oposición de científica de dito instituto en 1952. a partir de aquí consegue una beca para traballar no Instituto Oceanográfico de Plymouth (1953) e outra para a Woods Hole Oceanographic Institution de Massachusett (1956). Regresa a España pero non encontra as condicións de traballo adecuadas no IOE e decide aceptar un posto de traballo na Scripps Institution of Oceanografía na Jolla (California), onde pasa un período de 12 anos. En 1970 pasa a traballar no Southwest Fisheries Center da mesma localidade onde se xubila (1978), aínda que continua a traballar alí como científica emérita ata que morre o 29 de maio de 2005.

O por que da súa importancia:

Ela especializouse en plancto depredador, especialmente nos grupos de Quetognatos, Sifonóforos e Hidromesusas. Estudou mostras recollidas en todos os océanos do mundo, describindo 22 especies novas e resituando moitas outras, ademais determinou as súas distribución polos océanos, chegando á conclusión de que algúns quetognatos era moi bos indicadores das masas de auga. Tamén fixo importantes deducións cara a pesca.

É unha das científicas máis citadas por outros científicos na actualidade e os seus estudos influíron dun xeito determinante nas Ciencias Mariñas.

Foi unha muller de moito carácter o que lle permitiu saír adiante nun mundo afeito a os homes. Loitou en cada un dos seus postos de traballo contra a discriminación por ser muller da que eran obxecto ela e as súas colegas, pero non logrou ser escoitada, aínda que a ela  a súa perseveranza e determinación permitíronlle chegar onde chegou. Agora o tempo vai poñendo as cousas no seu sitio e os seus traballos destacan sobre aqueles feitos por moitos dos que lle puxeron atrancos. En Galicia, a súa terra, comeza a reivindicarse a súa figura.

GALERÍA DE IMAXES

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *