ALCER: doar órganos é salvar vidas. Unha acción de solidariedade
Sabías que tes máis posibilidades de necesitar un transplante de órganos que de ser doador/a de órganos?
- Quen pode ser doador/a de órganos tras o seu pasamento?
- Que é a morte cerebral?
- Que órganos e tecidos se poden doar?
- De onde proceden os órganos e tecidos que se poden doar?
- Que pasa se a miña familia se opón á doazón?
- A doazón interfire no funeral ou enterro?
- Cambia a actitude do medico/a á hora de atendernos nun momento crítico?
- Que pensan as relixións sobre a doazón de órganos?
- Que é a tarxeta de doador/a de órganos?
- Axúdalle á familia coñecer a opinión sobre a doazón do familiar xa finado?
- Que ocorre se cambia de opinión sobre a o acto altruísta de ser doador/a?
- Por que debería facerme doador/a de órganos?
Respostas a estas preguntas e experiencias persoais son as que nos contaron o xoves 17 de decembro, na sede da Sociedade Galega de Historia Natural, Eva Veiga, veciña de Santa Icía, Narón, e Rafael Rodríguez de Canido, voluntaria/o de Alcer (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril) e persoas con enfermidade renal crónica.
Eva, na procura do seu cuarto transplante, relatou a vida dunha loitadora dende os 10 anos, dando un exemplo de forza e ganas de vivir; Rafa explicounos qué é Alcer e como ser voluntario supón un xesto de solidariedade e de mellora social.
Cómpre finalizar como fixeron Eva e Rafa, como fixeron varios dos asistentes cando asinaron a súa solicitude de carné de doador/a.