Radio063

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 63. LUNS 11 NOVEMBRO 2019.

 

Comezo do programa con música recollida por Joaquín Enriquez. Música da Agrupación de acordeonistas fusionada  con Catro Vellos mariñeiros que interpretan As Bravas.

Continuación coa sección Debates abertos en Economía. Intervención da Profesora da UCD, Laura Varela, para explicar os ApS. E logo entrevista ás alumnas Mónica Gallardo Lorenzo e Leah Gasamáns Gesto representantes do alumnado neste Plan ApS establecido entre Muíño do Vento e a UCD.Entrevista monográfica sobre Economía marxista.

Celia Fernández na súa sección Unha ollada sociolóxica desenvolve o tema Chile.Lembrando a Allende, facendo análise histórico da presencia  e intervencionismo dos EEUU en Latinoamérica, nomeadamente no derrocamento de Salvador Allende.

Rubén Labisbal e Antonio Casal, historiadores da AC Ferrolterra Antiga co tema 16 de Novembro.O día que falamos de Patrimonio Mundial, debullan e razoan  sobre a  conservación do Patrimonio, Asemesmo lexislación e estudio do caso de Ferrol e as xa históricas peticións de declaración en recoñecemento do seu  Patrimonio.

José Sarachaga en Noticias do BarrioAlto-Canido fai referencia as pasadas actividades e presenta as que nestes días van realizarse.

Rafa Rodríguez na sección Outro mundo é posible entrevista a Benigna Villasuso Cores, farmacéutica, secretaria de SEFAC Galicia e tamén vocal do COF ( Colexio Oficial Farmacéuticos Coruña).Como desmontar bulos en internet con información profesional contrastada  foi o tema, tratado en distintos aspectos ,Dende a necesidade de información sobre medicamentos,fiabilidade da información en redes, automedicación, influencers, posta en valor das farmacias…Para concluír coa necesidade da información no uso de fármacos.

Marisol Seoane e Chus Prieto, Teatro do Muíño, presentan a Adriana Fernández Acevo, TASOC en MiCasa. Adriana explica a aplicación do teatro como terapia para acadar expresividade, sociabilidade,reforzamento da memoria,…dalgún xeito usar Teatroterapia. Mari Pérez e Sindo Älvarez, residentes en Micasa e participantes das actividades teatrais expoñen as súas experiencias neste eido.

Aviso do V Encontro de Audivisuais no Muíño e despedida coa Samba da Utopía.