UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA 60. LUNS 21 OUTUBRO 2019
Comezo do programa coa sección Debates en economía. Nesta sección Joaquín Enríquez entrevista a Cruz López. Entrevista que ten como eixo os estudios de Economía no ensino reglado. Aulas e distintas experiencias para achegar esta materia ao alumnado .
Camilo Casal no Obradoiro mediambiental presenta a proposta Poñerse a dieta para salvar o planeta. Logo de xustificar a necesidade do cambio de habitos alimenticios, o relatorio xira sobre o estudio daqueles alimentos que teñen maior impacto negativo no cambio climático. Lácteos e carnes son os principais alimentos a ter en conta tanto no referente a impacto medioambiental como no relativo á saúde.
Marisol Seoane e Chus Prieto,Teatro do Muíño, entrevistan a Cristina Moreira que ven de clausurar o ciclo Fóra do mapa. Relato do desenvolvemento deste ciclo e propostas de realización nun futuro. Informa Marisol das actividades teatrais na contorna de Ferrol.
Rafa Aguirrebengoa na súa sección Outra información é posible fai referencia a pasada presentación do libro Guía para non perderse en política. Pasa logo a facer referencia a situación actual de Catalunya e nunha segunda parte a propoñer novas formulacións diante da crise global que está a xerar o actual sistema productivo capitalista.
Keiko Mori foi a convidada de Esther Rivera na sección Tokio-Ferrol. Logo da presentación da convidada , de nacionalidade xaponesa, esta narra as súas vivencias en distintos países, nomeadamente no Agfanistán, onde colabora con ONG en distintos proxectos.
Jose Sarachaga participa en Vivo, penso e declaro.
Roberto Taboada fai resumo da reunión que tivo lugar o pasado mércores entre a Intrabarrial e unha representación do Goberno municipal ( Alcalde e catro Concelleiros).
E despedida con Amalia Rodríguez e o Fado de Peniche.
PROGRAMA COMPLETO