UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA 45. LUNS 1 ABRIL 2019
Lela como sintonía para axiña presentar aos convidados e paso a Noticias do Barrio Alto/ Canido. Roberto Taboada informa do programa de actividades previstas dende a Asociación Veciñal; reunión coa agrupación de hostaleiros, pecha kucha cos alcaldables, contacontos, asemblea da Intrabarrial, asemblea de barrio, proxecto Canido 20-30, mercado de artesanía…
En Polo Correo do Vento dáse lectura ao fallo do Xurado do I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento.
Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible fai un percorrido pola deficiente calidade democrática do Reino de España. Logo de facer referencia ao I de Abril e o que supuxo o franquismo, pasa a citar a nomes de intelectuais, artistas, rapeiros, titiriteiros,etc… botados ao ostracismo. Ademais muros e concertinas, esquecemento de enterrados en cunetas, limitación da liberdade de expresión.
Joaquín Enríquez participa en Vivo ,penso e declaro.
Logo de escoitar á cantante mexicana Amparo Ochoa, Rafa Rodríguez presenta e entrevista a Manuel Pardo, Director do IES Canido. Entrevista que xira arredor da realidade do día a día do Instituto, o persoal, as actividades, a mediación escolar, a relación coas familias e o Barrio, a vida do Centro…o futuro do IES Canido.
Lembranza de Xoán Viaño e despedida coa súa composición Nubes Brancas.
PROGRAMA COMPLETO