UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA 43, LUNS 18 MARZO 2019
Comezo do programa coa entrevista que realizan Cruz Pena e Dalia Abella, compoñentes do Teatro de Muíño , a actriz Mercedes Castro.
Eva Faraldo , a continuación, participa en Vivo, penso e declaro.
Rafa Aguirrebengoa, na sección Outra información é posible, reflexiona sobre o Problema español, O brexit , os chalecos amarelos como manifestacións dos pobos contra un neoliberalismo salvaxe.
Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto, presenta a tres representantes do grupo de Dinamización Comunitaria que este mes están realizando prácticas en colaboración con Entidades do Barrio.
Recitado do poema Primeiro Viñeron de Martín Niemoller e despedida con Giannis Kosiras cantando O Kaimos.
PROGRAMA COMPLETO