UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº 19. Luns 18 de xuño de 2018.
Sintonía e presentación por parte de Rafa Aguirrebengoa da sección Outra información é posible. Opinión sobre a necesidade de escolma e sentido crítico á hora de buscarmos información. E continuación da sección cunha reseña da actualidade e as razón que explican o cambio de Goberno. Avaliación da información feita ao longo destes dezanove programas , con citas a persoas e medios que serviron de fontes informativas.
Roberto, en Noticias do Barrio Alto, informa das novas máis salientables destes días .A posta en marcha do comedor sénior, o novo sentido do tráfico na rúa Navegantes, a Festa do Lume, a vindeira Intrabarrial….
O coñecemento, recoñecemento e homenaxe da figura de Pedro Guimarey foi o Tema do día.
Participan Jesús Guimarey ( sobriño de Pedro), Chus Prieto ( Profesora de teatro), Antonio Casal ( Historiador) e o propio Rafa Aguirrebengoa que fai un resumo dos actos que tiveron lugar o pasado xoves 14. Emocionadas lembranzas familiares por parte de Jesús Guimarey. Achegamento ao momento histórico por parte do historiador. Análise da obra Pepa Andrea por parte de Chus Prieto.
Despedida e audición dun anaco introdutorio de Pepa Andrea.
PROGRAMA COMPLETO