UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA Nº 18. LUNS 4 DE XUÑO DE 2018.
Noticias do Barrio Alto. Informa Roberto da próxima apertura do comedor social, das pasadas festas e do resumo económico destas, publicado nun novo aviso a veciñanza. Informa tamén Roberto, das reunións da Intrabarrial, da programación de obradoiros de arquitectura …
Rafa Rodríguez desenvolve a sección, Outra información é posible. Noticias e análise dende o local ata universal.
Herique Dacosta fai a súa declaración en Vivo, penso e declaro.
No Tema do día, A Sanidade Pública, participaron tres traballadoras do SERGAS. Isabel Carballeira (TCAM), María José Deibe( DUE), Teresa Breijo (FEA-COT). Debate co eixo na defensa da Sanidade Pública: denuncia dos continuos ataques e intentos de privatización, denuncia da precariedade de persoal e as consecuencias que esta falta de persoal ten no trato dos profesionais cos doentes, denuncia das listas de espera, concertos …
Remate do programa nº 18 escoitando a Theodorakis e Pairos cantando Strose to struma sou.