Festa do «V Certame Literario Escolar Inventa unha Flor» – maio 2017
Un ano máis, a xente nova que vive ou estuda en Canido trouxo a primavera ao Centro Cívico.
O noso agradecemento a todos os participantes.
Muíño do Vento, coa participación dos centros educativos de Canido CEIP Juan de Lángara, Colexio San Rosendo, CEIP Cruceiro de Canido e IES Canido, e coa colaboración do Concello de Ferrol e mais da Asociación de Veciños, organizou a 5ª edición do Certame Literario Escolar INVENTA UNHA FLOR.
Grazas ao esforzo do profesorado e ao entusiasmo do alumnado, puidemos gozar deste acto, que quere render tributo á festa dos Maios.
Lectura de traballos e cancións interpretadas pola rapazada, ademais dos bailes tradicionais que nos trouxo o grupo de baile Mario Escudero, encheron o Centro Cívico, onde previamente se desenvolveu un obradoiro de Maios.
GALERÍA DE FOTOS DA FESTA DO V CERTAME LITERARIO ESCOLAR INVENTA UNHA FLOR
GALERÍA DE FOTOS DO OBRADOIRO DE MAIOS 2017