Radio050

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 50. LUNS 13 MAIO 2019

Antonio Yáñez abre o programa coa lectura do conto O Mariñeiro. Este conto está escolmado da colección Contos nun brazado .

E paso a sección Outro mundo é posible. Nesta ocasión Rafa Rodríguez trae como convidados a Lara e Ismael para falarnos do grupo Scout Guía Vasco da Ponte.

En Polo correo do vento dáse información do II Festival Outras músicas en galego a celebrar o vindeiro 17 maio. Tamén hai unha lembranza para Toñito Pedreira recentemente falecido.

Chus Prieto presenta a Dani Cortizas, autor de textos teatrais. Para esta tarde escolma dous textos, Nos ósos e A boneca radioactiva que van ser lidos por Dani, Alba, Esther e Marisol, compoñentes do Teatro do Muíño.

O Cólera en Ferrol, 1854-1855 foi o tema da conversa que os Historiadores da AC Ferrolterra Antiga mantiveron con Laura Sueiras, representante da Asociación Monsay.

Na sección Noticias do Barrio Alto-Canido, Roberto Taboada fai avaliación das pasadas Festas dos Maios. Avaliación en xeral positiva máis, como sempre, con cousas a mellorar no vindeiro ano.

E facendo referencia aos 50 programas emitidos ata o día de hoxe, soa a despedida con Peter Seeger.

PROGRAMA COMPLETO